Esta actividade de formación do profesorado, organizada polo Servizo Galego de Igualdade a través do Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, pretende, desde o marco da coeducación, contribuír a transferir aos centros de ensino un modelo de educación baseado na liberdade persoal, que transmita ás nenas e aos nenos valores como o respecto e a autoestima, a igualdade nas relacións afectivas, o pracer e a responsabilidade compartidos, a autonomía emocional, a educación e a expresión das emocións e dos sentimentos, a liberdade de opcións sexuais etc., sempre con perspectiva de xénero e co obxectivo máis amplo de contribuír á erradicación da violencia sexista.

Na presente edición, AFECTOS E EMOCIÓNS: A escola na construción da autonomía persoal, procuramos traballar as emocións, coñecelas, nomealas, identificar e tomar consciencia dos propios desexos sen sentimento de culpa, cuestionar os modelos de relacións xenericamente estruturados, para rematar así coa dicotomía feminino/masculino, co esquema de submisión / dominación que subxace na ideoloxía patriarcal que sustenta a violencia de xénero. Eis a vía, o camiño cara á autonomía persoal, cara á adquisición dun criterio propio e o compromiso libremente asumido de relacións en igualdade, o camiño cara á liberdade.

Ao longo desta xeira analizaremos este tema e teremos a ocasión de participar nunha serie de obradoiros de carácter práctico co obxectivo de dotar o profesorado, principal axente de cambio en calquera reforma educativa, das ferramentas precisas para traballar esta cuestión nas aulas.

 

 

Programa da xornada

 

  MAÑÁ
09:00 h

Acreditacións.

09:15 h

Inauguración.

09:30 h

Conferencia: Conxugamos "bentratar".
MARIAN MORENO LLANEZA. Asesora no Servizo de Avaliación, Calidade e Ordenación Académica da Consellaría de Educación en Asturias.

11:00 h Café.
11:30 h

Obradoiros simultáneos.

  • Os vínculos afectivos e as relacións coas demais persoas son o garante do noso benestar (educación infantil).
    LOLA FERREIRO DÍAZ. Doutora en Medicina e Cirurxía e Catedrática de Procesos Sanitarios.

    CHUS DÍAZ ANCA. Psicóloga clínica no C.O.F. da Coruña.
    GLORIA DOCAMPO CORRAL. Psicóloga clínica do CHU Juan Canalejo..
    Mª JOSÉ LOUZAO CAMPOS. Psicóloga clínica do CHU Juan Canalejo.

  • Educación e ética na diferenza sexual.
    FEFA VILA NÚÑEZ. Socióloga e investigadora feminista.. 

  • Socialización e reprodución da desigualdade.
    YOLANDA HERRANZ. Antropóloga, instrutora de movemento expresivo e profesora de filosofía no IES Utopía de Fuenlabrada .

  • Sexpresan.
    RAÚL DÍAZ ACOSTA. Membro do colectivo HARIMAGUADA, máster en sexualidade e relacións intepersonais en adolescentes e mocidade.

  TARDE
16:30 h

Obradoiros simultáneos.

  • Os vínculos afectivos e as relacións coas demais persoas son o garante do noso benestar (primaria e de 1º ciclo de secundaria).
    LOLA FERREIRO DÍAZ. Doutora en Medicina e Cirurxía e Catedrática de Procesos Sanitarios.

    CHUS DÍAZ ANCA. Psicóloga clínica no C.O.F. da Coruña.
    GLORIA DOCAMPO CORRAL. Psicóloga clínica do CHU Juan Canalejo..
    Mª JOSÉ LOUZAO CAMPOS. Psicóloga clínica do CHU Juan Canalejo.

  • Educación e ética na diferenza sexual.
    FEFA VILA NÚÑEZ. Socióloga e investigadora feminista.. 

  • Socialización e reprodución da desigualdade.
    YOLANDA HERRANZ. Antropóloga, instrutora de movemento expresivo e profesora de filosofía no IES Utopía de Fuenlabrada .

  • Sexpresan.
    RAÚL DÍAZ ACOSTA. Membro do colectivo HARIMAGUADA, máster en sexualidade e relacións intepersonais en adolescentes e mocidade.

19:30 h

Conclusións e clausura.

 

 

 

LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN

Esta actividade formativa realizarase en Santiago de Compostela na Facultade de Ciencias da Educación (Rúa Xoan XXIII, s/n - Antiga E.U. de Maxisterio), o día 10 de maio de 2008.
 

 

 

INSCRICIÓN

Para mellorar a organización, deberá enviar a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN indicando preferencia de obradoiros, mediante fax, correo electrónico ou correo postal antes do 4 de maio de 2008, a:

Seminario de educación para a igualdade.

Servizo Galego de Igualdade
Plaza de Europa, 15A - 2º  (Polig. Fontiñas)
15781    Santiago de Compostela
Telf.:  981 541618
FAX:  981 545365
Email: seminario.educacion.igualdadexunta.es

Co obxecto de facilitar a asistencia de nais e pais ás actividades de formación, ponse á súa disposición un servizo de atención a menores con idades comprendidas entre 1 e 12 anos. Para acceder a este servizo gratuíto, deberán cubrir a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DE CRIANZAS e remitila, xunto coa confirmación da súa asistencia.

Terá preferencia o persoal docente dos centros educativos públicos e privados de ensino non universitario da comunidade autónoma de Galiza.

A asistencia á xornada non inclúe xantar.

 

 

ENTIDADES ORGANIZADORAS

 

 

 

COFINANCIA

     
Derradeira actualización:  21-04-2008