O Seminario Permanente de Educación para a Igualdade continuando o seu labor de promoción e construcción  colectiva dun modelo educativo máis humano,xusto e igualitario na comunidade educativa galega ,organiza un ano máis esta actividade formativa do profesorado no interese de profundizar na integración transversal da perspectiva de xénero na vida escolar.

 

O Foro galego de educación para a igualdade, na súa cuarta edición, ten por obxecto favorece-la revisión da formación que se brinda na actualidade  a alumnas e alumnos nos  diferentes ámbitos curriculares e facelo, desde o desenvolvemento do dereito á igualdade de oportunidades entre os colectivos  de xénero.Neste sentido sinálase  a organización escolar como recurso de primeira orde na procura deste  obxectivo.

 

As actividades programadas ó longo da xornada, facilitarán ó profesorado asistente momentos para o debate e a reflexión conxunta sobre a organización igualitaria da vida escolar, así como brindaráselle a oportunidade de achegarse ó coñecemento de estratexias e pautas educativas, que permitirán avanzar  concrecións didácticas na súa práctica docente.

 

Co obxectivo pois de seguir a procurar unha real igualdade de oportunidades ó desenvolvemento das potencialidades individuais do alumnado nunha sociedade de xénero, faise preciso afondar en  cómo asentar solidamente no proceso de socialización persoal, valores e dereitos como, a igualdade, a xustiza e a solidariedade, de modo que esta formación redunde positivamente na construcción e mellora da convivencia entre homes e mulleres, en tódolos ámbitos de relación e participación  social.

 

 


 

P   R   O   G   R   A   M   A

9:30 h

Recepción dos asistentes. Entrega da documentación.

10:00 h

Panel de comunicación: "A relevancia do xénero na organización escolar:unha mirada reflexiva sobre a igualdade formativa de alumnas e de alumnos".

DOLORES SÁNCHEZ GONZÁLEZ. Catedrática da Universidade de Zaragoza.

MIGUEL A. SANTOS GUERRA. Catedrático da Universidade de Málaga.

12:00 h

Inauguración oficial.

CELSO CURRÁS FERNÁNDEZ. Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

MANUELA LÓPEZ BESTEIRO. Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

12:30 h

Descanse café.

12:45 h

Panel de experiencias didácticas de igualdade na Comunidade Autónoma.

  • Dinámica de igualdade entre profesorado do ensino secundario: elaboración e deseño de actividades específicas de titoría.  IES Félix Muriel de Rianxo.

  • En conmemoración do Día Internacional da Muller: exposición escolar retrospectiva de  mulleres literatas. IES  Ricardo Mella de Vigo.

  • O cine pretexto para educar no dereito á  igualdade: elaboración de unidades didácticas interdisciplinares. IES A Xunqueira 1 de Pontevedra.

14:00 h

Xantar de traballo.

16:00 h

Obradoiros.

  • Aportacións de xénero ó ámbito das ciencias sociais.
    ANGELES CABA GUSI. Historiadora. Profesora no Institut Carrasco i Formiguera de Barcelona.

  • Fortalecendo a igualdade no ámbito da educación física.
    MATILDE FONTECHA MIRANDA. Profesora de Didáctica  da  educación e física. Universidade do Pais Vasco.

  • As relacións entre os colectivos de  xénero:Educando na prevención da violencia desde o ámbito escolar.
    GRACIELA HERNÁNDEZ MORALES. Educadora experta colaboradora no proxecto RELACIONA en Galicia. 

  • Visualizando ás mulleres no ámbito científico-tecnolóxico.
    TERESA NUÑO ANGÓS. Catedrática de didáctica das Ciencias Experimentais na  Escola Universitaria de Victoria. UPV.

19:00 h

Actividade lúdica.


  

LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN

Esta actividade de formación do profesorado realizarase en Santiago de Compostela o día 12 de abril de 2002 na Escola Galega de Administración Pública. Rúa Madrid, 2-4. Polígono de Fontiñas.
 

CERTIFICACIÓN ACREDITATIVA

Esta actividade ten unha acreditación equivalente a 10 horas de formación. A persoa interesada deberá solicita-la súa tramitación á organización desta actividade.
 

INSCRICIÓN

Para mellora-la organización e adecuala ós seus intereses,  deberá envia-la comunicación dos obradoiros elexidos en orde de preferencia, máximo dous, mediante fax ou correo electrónico á Secretaria do Cuarto foro galego de educación para a igualdade, antes do 5 de abril de 2001. Solicitude de inscrición.

 

Secretaría do Cuarto foro galego de educación para a igualdade.

Servicio Galego de Igualdade
Plaza de Europa, 15A - 2º  (Polig. Fontiñas)
15781    Santiago de Compostela
Telf.:  981 541618 - 545351
FAX:  981 545365
Email: sgpihmxunta.es

 

ENTIDADES ORGANIZADORAS

O Cuarto Foro Galego de Educación para a Igualdade esta organizado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ,a Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, o Servicio Galego de Igualdade a través da súa unidade  Seminario Permanente de Educación para a Igualdade e o Instituto da Muller do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

 

     


     

Derradeira Actualización :  01-04-2002