SÉTIMO FORO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE

   

Xénero e multiculturalidade

Na sétima convocatoria desta actividade formativa centralizada, organizada polo Seminario Permanente de Educación para a igualdade, e seguindo con obxectivo de construír unha sociedade onde as mulleres e os homes teñan as mesmas oportunidades, decidiuse prestarlles unha especial atención ás circunstancias que rodean a vida das nenas e das rapazas pertencentes a culturas que non son as maioritarias no noso contorno.

O feito de ser inmigrante ou de pertencer a poboacións sobre as que teñen prexuízos, coa compoñente de ser nena ou muller, provoca unha dobre desigualdade que unha sociedade desenvolvida e democrática non pode permitir.

Ao longo de Sétimo Foro Galego de Educación para a Igualdade describirase a situación que viven estas nenas e mozas nos nosos centros educativos e presentarase liñas de traballo que contribúan a mellorar a situación e a previr situacións discriminatorias para elas.

Así mesmo, dedícaselles unha especial atención ás directrices da Comisión Europea como marco institucional do que xorden posteriores actuacións en materia de xénero e de educación e que, á súa vez, xeran unha maior interculturalidade das accións desenvolvidas.

 

VENRES, 10 DE XUÑO
16:00 - 16:30 Recollida de material.
16:30 - 17:00 Inauguración oficial.
17:00 - 18:30 Conferencia inaugural. (Disporase de traducción simultánea).
Gender Equality adn lifelong learning: The European Dimension.

Mónica Oels. Experta en educación e ex-membro da Dirección Xeral de Educación e Cultura. Comisión Europea
18:30 - 19:00 Pausa - café.
19:00 - 21:00 Obradoiros simultáneos:
  • Humor e sentimentos na coeducación e na interculturalidade.
    José Francisco Caselles Pérez. Profesor titular do Departamento de Métodos de Investigación e Diagnósticos en Educación. Universidade de Murcia.
  • Dereitos humanos, muller e inmigración. Cara a unha educación intercultural na aula.
    Martina Tuts Sterckx e Luz Nieves Martínez Ten. Membros da Plataforma dos Dereitos Humanos das Mulleres.
  • Mundo: non é masculino singular.
    María Paz Gutiérrez. Directora de Solidaridade Internacional de Galicia.
  • Educar na diferenza.
    Paula Villaverde Pérez. Educadora social do Programa de Intervención Sociofamiliar con Persoas Ciganas Transmontanas. Fundación do Secretariado Xitano e Cáritas Diocesana de Tui-Vigo.
  • Interculturalidade na aula: o xénero e a súa xestión como diversidade.
    Membros da Asociación sociocultural Alquería.
  • Traballando a igualdade e a integración mediante xogo.
    Francisco Javier Guede García. Profesor de educación primaria. CEIP Amaro-Refojo de Verín.

 

 

SÁBADO, 11 DE XUÑO
9:15 - 9:30 Control de asistencia.
9:30 - 11:00 Conferencia. (Disporase de traducción simultánea).
Comment l'école en la France accueille les enfants de l'Islam
Chistine Clerc. Xornalista e escritora francesa.
11:00 - 11:30 Pausa-café.
11:30 - 13:00 Panel de comunicacións:
  • A situación de fillas de familias inmigrantes.
    Enma Mateos Peñalver. Socióloga colaboradora do Colectivo IOE.
  • A segunda xeración: escolarización de mozos e mozas procedentes de Latinoamérica.
    Inés Massot Lafon. Profesora de Investigación en Educación. Universidade de Barcelona.
  • A educación das mulleres adultas: un paso máis para a súa integración.
    Xosé Lois Vilar Rodríguez. Profesor de persoas adultas. IES nº 1 de Ribeira.
13:00 - 14:30 Conferencia.
A inmigración e a escola
Julio Carabaña Morales. Catedrático de Socioloxía. Opinión pública e cultura de masas. Universidade Complutense de Madrid.
14:30 - 16:00 Buffet.
16:00 - 18:00 Obradoiros Simultáneos (repítense os obradoiros do venres).
18:00 - 19:00 Actividade Lúdica.
Concerto tradicional caboverdiano a cargo do grupo feminino Batuko Tabanka.
19:00 - 19:30 Buffet étnico.

 

 

LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN


Escola Galega de Administración Pública
Rúa Madrid, 2-4 (Polígono de Fontiñas)
Santiago de Compostela
- 10 e 11 de xuño de 2005

 

INSCRICIÓN

Para mellorar a organización e adecuala aos seus intereses, deberá enviar a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN na que se sinalará, en orde de preferencia, tres obradoiros, xunto coa confirmación de asistencia ao buffet de mediodía e ao buffet étnico, mediante fax, correo electrónico ou correo postal, antes do 3 de xuño de 2005, á:

 

Secretaría do Sétimo Foro Galego de Educación para a Igualdade
Servizo Galego de Igualdade

Praza de Europa, 15A - 2º  (Políg. Fontiñas)
15.781 - Santiago de Compostela

Tlfno. 981 541 618
FAX. 981 545 365

Correo electrónico. seminario.educacion.igualdade@xunta.es

 

SERVIZO DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA A MENORES DURANTE O DESENVOLVEMENTO DA XORNADA

Co obxecto de facilitar a asistencia de nais e pais ás actividades formativas previstas, porase á súa disposición un servizo de atención especializada a menores de idades comprendidas entre os 18 meses e os 12 anos, co obxecto de que nenas e nos poidan gozar de actividades lúdico-formativas durante o seu transcurso. Para acceder a este servizo gratuíto, deberán cubrir a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DE MENORES e remitila, xunto coa información da súa asistencia, antes do 3 de xuño de 2005

 

ENTIDADES ORGANIZADORAS

O Sétimo Foro Galego de Educación para a Igualdade está organizado:
  • Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
  • Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.
  • Servizo Galego de Igualdade.
  • Seminario Permanente de Educación para a Igualdade.

 

 

 

 

 

Derradeira actualización: 11-05-2005