I FORO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE


O 1 FORO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE dirixido a todo o profesorado de Ensino Primario e Secundario dos niveis de ensino obrigatorio, será a primeira oferta formativa centralizada e específica no eido da Educación para a Igualdade entre homes e mulleres que se realice na nosa Comunidade Autónoma.

Con esta actividade formativa, tentarase procura-la reflexión entre o profesorado galego sobre a transmisión de estereotipos de xénero no ámbito escolar e favorece-la toma de conciencia das e dos  participantes como axentes nesta situación discriminatoria. Neste senso, fomentarase a revisión de prexuizos, estereotipos, actitudes e comportamentos que como adultos temos asumido  como  "normalidades"  na propia experiencia formativa, familiar e social.

Iniciarase nalgúns casos e, continuarase  noutros, a  andadura na  construcción dun novo modelo formativo capaz de abranguer por igual, sin connotacións de xénero, ó femenino e ó masculino.

Dende o Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tenderánse os lazos que aunen os esforzos de todas e todos na búsqueda e consolidación dese modelo integrador, procurando a súa implementación social.
 
 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES
 

DÍA 4 DE XUÑO
 
10:00 Entrega de documentación.
10:15 Conferencia: "O modelo educativo androcéntrico e a súa pervivencia no ámbito escolar".  
Dna. Mª José Urruzola.
Asesora de Coeducación en Bizkaia.
11:30 Inauguración: I FORO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE. 
Excma. Sra. Dna. Manuela LÓPEZ BESTEIRO. 
Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
11:45 Descanso-Café.
12:15 Conferencia: "Linguaxe, sexismo e educación". 
Dna. Aurora Marco. 
Catedrática de Didáctica da Lingua na Universidade de Santiago de Compostela.
13:45 Presentación dos Obradoiros da xornada da tarde.
16:19 Obradoiros simultáneos.
19:15 Relatorio: "Experiencias no eido da Educación para a Igualdade en Galicia". 

Participantes: 
"A Educación para a Igualdade nun Departamento de Orientación". 
Dna. Mª Luisa Abad. 

"Mafalda: unha proposta non sexista no ensino primario". 
Dna. Mª Azucena Arias. 

"A Igualdade de Oportunidades no ámbito escolar". 
Dna. Mari Álvarez Lires. 

"Intervención non sexista no ensino secundario". 
Dna. Mª Carmen Rodeja.
 


 
 

DÍA 5 DE XUÑO
 
10:30 Conferencia: "Políticas educativas de Igualdade. Experiencias no marco comunitario / estatal." 
Dna. Ana Mañeru.
Directora de Programas de Educación e Cultura do Instituto da Muller. Madrid.
12:00 Descanso. Café.
12:30 Conferencia: "As relacións de colaboración entre a familia e a escola no ámbito da Educación para a Igualdade". 
Dna. Amparo Tomé.
Socióloga. Responsable do Programa de Coeducación do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade Autónoma de Barcelona.
14:00 Clausura.
Excmo. Sr. Don Celso Currás Fernández.
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

 
 

RELACIÓN DE OBRADOIROS
 
 
1. Educación para a igualdade: deseño de intervención no marco escolar.
Dna. Begoña Salas.
Asesora Programas de Coeducación do M.E.C.
2. A posición das mulleres na ciencia e nas novas tecnoloxías.
Dna. Margarita Pérez Froiz.
Directora C.E.F.O.C.O.P. - Vigo
3. Análise da linguaxe sexista nos materiais e comunicacións escolares.
Dna. Ana Sánchez Bello.
Profesora Facultade Socioloxía de A Coruña.
4. A violencia de xénero: orientación e prevención no ámbito escolar.
Dna. Concepción Jaramillo.
Pedagoga - Madrid.
5. O deporte e a educación física dende unha perspectiva de xénero.
Dna. Fernanda López Gato.
D. Oscar Montero Lasagabaster.
6. Os estereotipos de xénero nos medios de comunicación.
D. Jesús Garrido.
Experto. Membro do movemento internacional "Prensa-Escuela".

 

ENTIDADES ORGANIZADORAS

O 1 FORO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE organizado, desde a colaboración entre a Consellería de  Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través do SEMINARIO PERMANENTE  DE EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE.
 

OBXECTIVOS

LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN

Este Foro Educativo desenvolverase en  SANTIAGO DE COMPOSTELA durante os días 4 e 5 de xuño de 1.999 na Escola Galega de Administrción Pública (EGAP).
 

CERTIFICACIÓN ACREDITATIVA

Esta actividade terá un recoñecemento oficial de 20 horas de formación (2 créditos), previa entrega dunha memoria que reflicta unha proposta de intervención na aula. Esta memoria deberá ser enviada á Secretaria do Foro.

A certificación acreditativa será expedida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
 

INSCRICIÓN

As  persoas interesadas poderán solicita-lo modelo de inscrición no teléfono ou fax indicados abaixo e envialo por correo ordinario ou fax á Secretaría do 1 FORO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE.
Plaza de Europa, 15A - 2º  (Polig. Fontiñas)
15707    Santiago de Compostela
Telf.:  981 545366
FAX:  981 545365

Nesa mesma solicitude deberán sinalar, segundo orde de  preferencia, os obradoiros nos que desexa inscribirse (máximo de tres) a efectos de organización.

A solicitude de inscrición realizarase antes do día 20 de maio de 1.999.
 
 

Derradeira Actualización :  10-05-1999