III xornada galega de nais e pais educando en igualdade

 

O Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, continuando o seu labor de construcción colectiva dun modelo educativo máis humano, xusto e igualitario na comunidade educativa galega, organiza a terceira edición desta actividade de formación, dirixida especialmente ós responsables familiares.

 

Resaltar a importancia da convivencia familiar na construccción da identidade persoal que homes e mulleres nos formamos desde a idade máis temperá nunha sociedade de xénero é un obxectivo ó que lle seguimos a dar prioridade na III xornada galega de nais e pais educando en igualdade.

 

Ó longo desta xornada, nais e pais compartiremos momentos para o intercambio e a reflexión individual e colectiva, que sen dúbida significarán novas oportunidades para afondarmos en cómo implicarnos persoalmente, desde unha óptica igualitaria, na creación de ambientes familiares nos que nenas e nenos aprendan, crecendo, a establecer os seus proxectos globais de vida libres de concepcións estereotipadas  de xénero.

 

  
 

PROGRAMA

9:30 h Recepción de asistentes.
10:00 h Inauguración da III XORNADA DE PAIS E NAIS EDUCANDO EN IGUALDADE.

MANUELA LÓPEZ BESTEIRO.
Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

CELSO CURRÁS FERNÁNDEZ.
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

10:15 h Conferencia: "Algunhas claves para entende-la relación educativa entre familia e escola"

Ponente:
SALVADOR CARDÚS I ROS. Profesor Socioloxía na Universidade Autónoma de Barcelona..

11:15 h Panel de experiencias igualitarias no ámbito familiar.
  • "Unha escola de nais e pais inserida no centro educativo". 
    TERESA DOMÍNGUEZ PÉREZ. Mestra no Centro Rural Agrupado de Tui.
  • "Escola de Nais: unha experiencia de formación na igualdade". 
    GUMERSINDO ALONSO BERNÁRDEZ. Cáritas A Estrada-Diocesana de Santiago.
  • "Familiarizándonos coas novas tecnoloxías da información". 
    ANA EIZAGUIRRE GÁRATE. Federación de Asociacións de Nais e Pais de Bizkaia.
12:15 h Descanso café.
12:30 h Obradoiros.
  • "Educar para a corresponsabilidade no ámbito familiar". 
    ZURIÑE DEL CERRO MARTÍNEZ. Experta en formación non sexista de nais e pais.
  • "Abordando as relacións familiares desde unha análise de xénero". 
    BELÉN NOGUEIRAS GARCÍA. Experta de xénero na área de saúde.
  • "Medrando na prevención da violencia de xénero". 
    GRACIELA HERNÁNDEZ MORALES. Experta colaboradora no proxecto Relaciona en Galicia.
14:30 h Bufé de clausura.

 

ENTIDADES ORGANIZADORAS

A III xornada galega de nais e pais educando en igualdade está organizada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, o Servicio Galego de Igualdade, a través da súa unidade  Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, e o Instituto da Muller do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

 

LUGAR E DATA

Esta actividade de formación de nais e pais realizarase en Santiago de Compostela o día 25 de maio de 2002, no hotel HUSA SANTIAGO APOSTOL, Costa de San Marcos, 1. Santiago de Compostela.

 

INSCRICIÓN

As persoas interesadas deberán envia-la  súa solicitude de participación por correo electrónico ou postal ou por fax á secretaría desta xornada.  

Modelo de solicitude de participación.

Secretaría da III xornada galega de nais e pais educando en igualdade

SERVICIO GALEGO DE IGUALDADE

Praza de Europa, 15A - 2º  (Área Central)

15781     Santiago de Compostela

Tlf.: 981 541618  /  981 545351

Fax: 981 545365

Correo electrónico: sgpihmxunta.es


 

 

     

Derradeira Actualización :   07-05-2002