V Xornada: Prevención da violencia de xénero: aprender a superar a súa aprendizaxe e mediación nas relaciones familiares.

 

 

Vivir desde a infancia e no contorno familiar modelos de relación e convivencia non violentos, supón sementar en cada persoa un antídoto ao uso da violencia contra as mulleres.

 

Nais e pais precisamos acompañar o noso interese por erradicar a violencia doméstica con actividades de formación específica nas que abordar reflexivamente, dun modo non violento e desde a equidade, as múltiples situacións de conflito que a diario debemos afrontar coa nosa parella e na relación coas nosas fillas e os nosos fillos.

 

Desde o Servizo Galego de Igualdade, nesta quinta edición, quixeramos contribuír, en definitiva, á resolución das distorsións de convivencia orixinadas pola repartición desigual de responsabilidades entre mulleres e homes no ámbito político, laboral, social e moi particularmente no eido familiar.

 

Constitúe un obxectivo da V xornada galega de nais e pais educando en igualdade facilitar unha oportunidade para compartir e debater colectivamente proxectos e expectativas de vida máis xustos e igualitarios; capaces de superar arquetipos e aprendizaxes que sabemos sustentan a desigualdade na sociedade e a violencia de xénero como expoñente máis significativa desta discriminación.

 


 

P   R   O   G   R   A   M   A

 

 

Sábado, 12 de xuño de 2004

10:00 h
a
10:30 h

Recepción e entrega de documentación.

10:30 h
a
12:00 h

Inauguración oficial.

CELSO CURRÁS FERNÁNDEZ. Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

PILAR ROJO NOGUERA. Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte  e Voluntariado.

Conferencia inaugural: "Aprender a superar a aprendizaxe da violencia de xénero desde o ámbito familiar".

BERNABÉ TIERNO JIMENEZ. Psicólogo. Pedagogo. Escritor.

12:00 h
a
12:30 h

Descanso - café.

12:30 h
a
14:30 h

Obradoiros simultáneos.

  • Obradoiro 1: A corresponsabilidade no ámbito familiar. Aula 10.
    GENOVEVA SASTRE VILLARRASA. Profesora titular de Psicoloxía Básica na Universidade de Barcelona.

  • Obradoiro 2: As situacións de conflito: unha mirada positiva. Aula 13.
    FRANCISCA FARIÑA RIVERA. Catedrática de Psicoloxía Xurídica do Menor Universidade de Vigo.

  • Obradoiro 3: A mediación, recurso non violento na relación familiar. Seminario A.
    MERCEDES DOMÍNGUEZ FRANCISCO. Dirección Xeral de Familia.

  • Obradoiro 4: A importancia dos afectos para o crecemento persoal. Aula 17.
    ROSARIO ALTABLE VICARIO. Pedagoga.

  • Obradoiro 5: Os valores, elemento troncal do coñecemento doméstico. Aula 12.
    NURIA SOLSONA I PAIRÓ. Profesora de ensino secundario. Doutora en Ciencias da Educación.

14:30 h
a
16:30 h
Xantar de traballo e actividades de convivencia.
16:30 h
a
18:30 h

Obradoiros simultáneos.

  • Obradoiro 1: A corresponsabilidade no ámbito familiar. Aula 10.
    GENOVEVA SASTRE VILLARRASA. Profesora titular de Psicoloxía Básica na Universidade de Barcelona.

  • Obradoiro 2: As situacións de conflito: unha mirada positiva. Aula 13.
    FRANCISCA FARIÑA RIVERA. Catedrática de Psicoloxía Xurídica do Menor Universidade de Vigo.

  • Obradoiro 3: A mediación, recurso non violento na relación familiar. Seminario A.
    MERCEDES DOMÍNGUEZ FRANCISCO. Dirección Xeral de Familia.

  • Obradoiro 4: A importancia dos afectos para o crecemento persoal. Aula 17.
    ROSARIO ALTABLE VICARIO. Pedagoga.

  • Obradoiro 5: Os valores, elemento troncal do coñecemento doméstico. Aula 12.
    NURIA SOLSONA I PAIRÓ. Profesora de ensino secundario. Doutora en Ciencias da Educación.

 

 

LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN

Escola Galega de Administración Pública, Rúa Madrid, 2-4 (Polígono das Fontiñas).
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2004.  

 

INSCRICIÓN

Para mellora-la organización e adecuala ós seus intereses, deberá envia-la solicitude de inscrición no que sinalará, en orde de preferencia, dous obradoiros, xunto coa confirmación de asistencia ó xantar de traballo mediante fax, correo electrónico ou correo postal antes do 31 de maio de 2004, á:

 

Secretaría da V xornada  galega de nais e pais educando en igualdade.

Servizo Galego de Igualdade
Plaza de Europa, 15A - 2º  (Polig. Fontiñas)
15781    Santiago de Compostela
Telf.:  981 541618 - 545351
FAX:  981 545365
Correo electrónico: seminario.educacion.igualdadexunta.es

 

SERVIZO DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA A MENORES DURANTE O DESENVOLVEMENTO DA XORNADA

Co obxecto de facilitar a asistencia de nais e pais ás actividades formativas previstas, porase a súa disposición un servizo de atención especializada a menores co obxecto de que nenas e nenos poidan disfrutar de actividades lúdico-formativas durante o seu transcurso. Para acceder a este servizo gratuíto deberán cubrir a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DE MENORES e remitilo xunto coa confirmación da súa asistencia antes do 31 de maio de 2004.

 

ENTIDADES ORGANIZADORAS

A V xornada  galega de nais e pais educando en igualdade está organizada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e o Servizo Galego de Igualdade a través da súa unidade Seminario Permanente de Educación para a Igualdade.

 


     

Derradeira Actualización :  13-05-2004