A Secretaria de Igualdade promove o concurso baixo o título: “ Un selfie contra o mal amor” co motivo do día internacional para a eliminación da Violencia de Xénero.

O obxectivo é que a xente moza participe e manifeste o seu rexeitamento á violencia de xénero mediante as redes sociais.

 Santiago 25 Novembro de 2015.- O Campus Vida da USC (Santiago de Compostela) acolleu hoxe a presentación do concurso creado pola Secretaria de Igualdade: “Un selfie contra o mal amor” con motivo do día Internacional para a eliminación da Violencia de Xénero.

A Secretaria de Igualdade levou a cabo unha campaña de sensibilización mediante un concurso que se inaugurou hoxe. No cal a mocidade universitaria pode participar subindo un selfie a Facebook mostrando o seu rexeitamento á Violencia de Xénero.

A acción será compensada con un cheque valorado en 100€ trocables en compras no Corte Inglés, a persoa gañadora será seleccionada mediante un sorteo posterior unha vez finalizada a campaña nas universidades galegas. 

Tema: