A Secretaría Xeral da Igualdade organiza a XX Edición do Foro Galego de Educación en Igualdade os días 5 e 6 de abril en Santiago de Compostela

Multimedia

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2019.- A edición XX do Foro Galego de Educación en Igualdade leva por título “Coeducación: por unha sociedade non sexista” e terá lugar os días 5 e 6 de abril na Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela.

O propósito dos foros de educación en igualdade é promover a construción dun novo modelo formativo capaz de abranguer por igual ao feminino e ao masculino. Entre os seus obxectivos figura tamén procurar a reflexión entre o profesorado galego sobre a transmisión de estereotipos de xénero no ámbito escolar e favorecer a toma de conciencia das e dos asistentes como axentes nesta situación discriminatoria, así como presentar investigacións e proxectos que sirvan de guía para traballar a educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero. Este ano queremos facer fincapé na coeducación,  pola relevancia que ten a formación das persoas en igualdade, desde os inicios da escolaridade e ao longo da mesma, para poder acadar unha equidade efectiva e real.

O Foro, ademais do profesorado, está aberto a outros profesionais non docentes que poden inscribirse neste correo  xornadas.igualdade@xunta.gal

 

- Cartel da XX Edición do Foro Galego de Educación en Igualdade

- Programación da XX Edición do Foro Galego de Educación en Igualdade

- Folla de inscrición na XX Edición do Foro Galego de Educación en Igualdade

Tema: