A Xunta concede 400.000 euros a homes que reducen a súa xornada laboral para coidar dos seus fillos e fillas menores

A medida pretende fomentar a corresponsabilidade de impulsar o cambio dos roles, implicando aos varóns na atención e o coidado dos seus fillos e fillas

Rueda destacou a importancia de reforzar o papel dos pais neste eido, sendo o seu compromiso decisivo na conciliación familiar

Dende o ano 2009, a Secretaría Xeral da Igualdade ten beneficiado a 1.117 homes e 383 mulleres, nais de familias monoparentais
 
Multimedia

  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, compareceu está mañá nunha rolda de prensa para informar sobre a resolución da concesión de axudas, para traballadores que reducen a súa xornada laboral para coidar dos seus fillos e fillas menores de tres anos, que hoxe mesmo saen publicadas no DOG.

Santiago, 10 de xullo de 2015.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, compareceu está mañá nunha rolda de prensa para informar sobre a resolución da concesión de axudas, para traballadores que reducen a súa xornada laboral para coidar dos seus fillos e fillas menores de tres anos, que hoxe mesmo saen publicadas no DOG.

Esta liña de axudas ten coma obxectivo apoiar a asunción de responsabilidade familiares por parte dos varóns e contribuír á desaparición dos estereotipos sobre a diferente disposición de homes e mulleres a asumir o coidado dos fillos e fillas menores, ao mesmo tempo que se favorece a incorporación e e permanencia no mercado laboral das mulleres traballadoras con responsabilidades familiares. Destas axudas tamén se benefician as familias monoparentais por entender que a súa situación precisa dun apoio específico para favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

Estas actuacións enmárcanse dentro do VI Plan galego 2013-2015 para a igualdade entre mulleres e homes como estratexia integrada de actuación da Xunta de Galicia ata o horizonte de 2015, centrado en conseguir máis e mellores resultados na aplicación práctica deste valor fundamental.

Neste senso, Rueda destacou a importancia de impulsar medidas que favorezan a conciliación na atención das responsabilidades domésticas e familiares, pois esta non é un problema de mulleres, senón da sociedade en xeral, polo que reforzar o papel dos pais neste eido é fundamental, e o seu compromiso decisivo, posto que os indicadores de igualdade seguen mostrando unha realidade asimétrica entre pais e nais.

O obxectivo destas subvencións de Igualdade é fomentar a corresponsabilidade e impulsar así o cambio dos roles diferenciados entre mulleres e homes, implicando a estes últimos na atención e o coidado dos seus fillos e fillas. Neste contexto, as axudas supoñen un apoio económico para aqueles traballadores que reduzan a súa xornada a estes efectos, ao tempo que favorecen tamén a permanencia no mercado laboral das mulleres traballadoras con responsabilidades familiares

Así, o goberno galego apoia económicamente aos homes que reduzan a súa xornada laboral por razón da atención dos seus fillos e fillas menores de tres anos (biolóxicas ou ben adoptadas ou en situación de acollemento familiar, permanente ou preadoptivo) ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 por cento.

Reparto das axudas
Das 218 axudas concedidas, 163 corresponden a homes e 55 a mulleres, xa que estas subvencións tamén podían solicitarse por parte de familias monoparentais, independentemente de que a persoa responsable da unidade familiar fose un home ou unha muller. A contía das achegas van dende os 1.600 euros aos 3.600 euros .

Por provincias, a máis beneficiada foi A Coruña, con 130 axudas concedidas -107 homes e 23 mulleres-, seguida de Pontevedra, con 59 -36 homes e 23 mulleres-, Ourense, con 16 -13 homes e 3 mulleres- e Lugo, con 13 axudas concedidas -7 homes e 6 mulleres-.

Seguindo esta liña de axudas, dende o ano 2009 a Secretaría Xeral da Igualdade ten beneficiado a 1.117 homes e 383 mulleres, nais de familias monoparentais, superando os tres millóns e medio de euros nestes anos.