A Xunta destaca a importancia da entrada en vigor hoxe da Lei do estatuto da vítima do delito

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín e a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González participaron na inauguración das Xornadas “O Estatuto da Vítima do Delito: novos retos na atención ás vítimas

Martín avanzou que a Xunta está traballando para a dotación de equipos de gravación e videoconferencia nos órganos xudiciais, que permitan que as declaracións sexan gravadas, sen que os menores teñan que acudir á sede xudicial 

  • A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín e a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González participaron na inauguración das Xornadas “O Estatuto da Vítima do Delito: novos retos na atención ás vítimas  Autor: Conchi Paz
  • A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín e a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González participaron na inauguración das Xornadas “O Estatuto da Vítima do Delito: novos retos na atención ás vítimas  Autor: Conchi Paz
  • A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín e a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González participaron na inauguración das Xornadas “O Estatuto da Vítima do Delito: novos retos na atención ás vítimas  Autor: Conchi Paz
  • A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín e a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González participaron na inauguración das Xornadas “O Estatuto da Vítima do Delito: novos retos na atención ás vítimas  Autor: Conchi Paz

Santiago, 28 de outubro de 2015.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella destacou hoxe a importancia da entrada en vigor hoxe mesmo da Lei do Estatuto da Vítima do delito, e afirmou que é unha das Leis de maior calado para a sociedade española na que se achegan as ferramentas que as vítimas demandan e merecen.
Susana López Abella, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín e a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González participaron hoxe na inauguración das Xornadas “O Estatuto da Vítima do Delito: novos retos na atención ás vítimas”, onde a titular de Igualdade explicou que esta Lei aglutina nun só texto lexislativo o catálogo xeral de dereitos, procesuais e extraprocesuais, de todas as vítimas de delitos
Así, relatou que ca entrada en vigor desta Lei, as vítimas de violencia de xénero ven ampliada a súa asistencia e protección con este catálogo xeral de dereitos, procesuais e extraprocesuais, da vítima. Ademais, esta Lei remite ao disposto na lexislación especial respecto a vítimas con especiais necesidades ou con especial vulnerabilidade, como as vítimas de violencia de xénero en virtude da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.
Ademais, o cónxuxe da vítima directa do delito ou a persoa que tivese estado unida a ela por unha relación análoga de afectividade, non terá a consideración de vítima indirecta do delito cando se trate do responsable dos feitos,e garante ás vítimas de violencia de xénero a notificación de determinadas resolucións sen necesidade de que o soliciten, de maneira que estean informadas da situación penitenciaria do inculpado ou condenado, salvo naqueles casos nos que manifesten o seu desexo de non recibir as devanditas Notificacións.


Visibiliza como vítimas aos menores que se encontran nun ámbito de violencia de xénero, para garantirlles o acceso aos servizos de asistencia e apoio, así como a adopción de medidas de protección, co obxectivo de facilitar a súa recuperación integral. Neste sentido, recoñece os fillos e fillas menores e os menores suxeitos a tutela, garda e custodia das mulleres vítimas de violencia de xénero o dereito ás medidas de asistencia e protección.
As vítimas de violencia de xénero poden participar na execución, a través da interposición de recurso contra determinadas resolucións xudiciais, aínda que non fosen parte na causa, e as necesidades de protección das vítimas de violencia de xénero e de trata de seres humanos serán tidas en conta na avaliación individual das vítimas para determinar as súas necesidades especiais de protección.


O Estatuto da Vítima do Delito prevé a realización dunha valoración individual das vítimas para determinar qué medidas de protección deben ser adoptadas, o que se traduce no acceso a medidas de protección específicas destinadas a evitar a súa victimización secundaria durante as fases de instrución e de axuizamento.


E finalmente indicou que esta Lei reforza a protección dos fillos e fillas das mulleres vítimas de violencia de xénero no marco da orde de protección, ao prever que o Xuíz deberá pronunciarse en todo caso, mesmo de oficio, sobre a pertinencia da adopción das medidas civís (réxime de garda e custodia, visitas, comunicación e estanza, etc.).

Protección aos menores
Pola súa banda, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín destacou que o Estatuto da Vítima supón un reforzo dos dereitos e garantías das vítimas, ao constituír un catálogo xeral dos dereitos non só no ámbito do proceso xudicial, senón tamén no ámbito extraprocesual, e sobre todo social (a través dun trato individualizado a todas as vítimas, que serán avaliadas para atender as circunstancias do seu caso), coa principal novidade de que estes dereitos son de aplicación a todas as vítimas tanto se están personadas nunha causa penal, como se non o están, dando así unha resposta o máis ampla posible -non só xurídica, senón tamén social-, a todos os problemas que se lles poidan plantexar, polo que quero salientar a importancia de xornadas como a presente, que reúnen a todos os que desde a distintas responsabilidades que exercemos estamos chamados a prestar este servizo.

No caso dos menores vítimas, cómpre establecer medidas moi concretas polo que dende a Dirección Xeral de Xustiza, en colaboración coa Amtega, estase traballando para a dotación aos órganos xudiciais de equipos de gravación e de videoconferencia, que permitan que as declaracións sexan gravadas para despois ser reproducidas durante o xuízo, sen que os/as menores teña que acudir á sede xudicial e pasar novamente por este trámite.

Así, o Plan Senda 2020 contempla especificamente actuacións de modernización e evolución das tecnoloxías para garantir os dereitos do Estatuto da vítima do delito, nomeadamente as relativas á gravación das declaracións das vítimas suprimindo as asistencias prescindibles aos xuízos, e configurando a videoconferencia como un servizo básico para adecuarse así ao novo contexto normativo que establece a Lei 4/2015 do 27 de abril, do Estatuto da vítima do delito.

Pola súa banda a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, situou como prioridade para a Consellería de Política Social a protección dos menores de idade. Nesta liña a directora xeral rexeitou “calquera forma de violencia, incluída a producida no seu entorno familiar, de xénero, a trata, o tráfico de seres humanos, entre outros”.


Para a Consellería de Política Social, dixo a responsable da área de Infancia, “é fundamental o desenvolvemento de proxectos que, coma este, amplían o coñecemento das persoas encargadas de dar unha primeira asistencia aos menores que poidan estar sendo vítimas en calquera ámbito ou circunstancia”. Así, a directora xeral salientou a importancia da información e da formación facilitada tanto aos nenos e nenas sobre “as posibles canles de comunicación e as distintas posibilidades que a Administración lles ofrece para finalizar cunha situación de desprotección”; como ao colectivo de profesionais que atenden en primeira instancia ás vítimas e, incluso as propias familias sobre “as distintas actuacións que dende os poderes públicos podemos por en marcha para paliar situación potencialmente perigosas para os menores”.