A Xunta destaca o traballo comprometido e incansable das asociacións de viúvas galegas na procura dos seus dereitos

A secretaria xeral de Igualdade Susana López Abella participou hoxe, en Ferrol no XLII Congreso Rexional da Federación Galega de Viúvas

  • A secretaria xeral de Igualdade Susana López Abella destacou hoxe o traballo das asociacións de viúvas galegas que levan anos loitando para mellorar a situación cando perden as súas parellas ou os seus pais
  • A secretaria xeral de Igualdade Susana López Abella destacou hoxe o traballo das asociacións de viúvas galegas que levan anos loitando para mellorar a situación cando perden as súas parellas ou os seus pais
  • A secretaria xeral de Igualdade Susana López Abella destacou hoxe o traballo das asociacións de viúvas galegas que levan anos loitando para mellorar a situación cando perden as súas parellas ou os seus pais

Ferrol, 25 de abril de 2015.- A secretaria xeral de Igualdade Susana López Abella destacou hoxe o traballo das asociacións de viúvas galegas que levan anos loitando para mellorar a situación cando perden as súas parellas ou os seus pais.

López Abella participou hoxe xunto ao alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela no XLII Congreso Rexional da Federación Galega de Viúvas, onde agradeceu o traballo comprometido e incansable da presidenta da Federación galega de Viúvas, Aurora Carro, e da presidenta da Asociación de Viúvas de Ferrol, Luz González pola organización do Congreso.

A titular de Igualdade salientou o traballo “comprometido e incansable” da Federación galega de Viúvas e da súa presidenta, Aurora Carro, que constituíu hai preto de corenta anos a primeira asociación de viúvas en Galicia galegas co obxectivo claro de que as mulleres se sentisen “escoitadas, protexidas e apoiadas”. Así mesmo, explicou que esta labor en prol dos dereitos e das reivindicacións deste colectivo é fundamental en Galicia que, con preto de 186.000 mulleres -73.000 na Coruña- é a quinta Comunidade autónoma con más persoas viúvas de España.

Por iso volveu insistir na labor “altruísta e xenerosa” de todas as asociacións de mulleres viúvas, que co seu esforzo e afán de superación teñen contribuído a conseguir importantes avances sociais e lexislativos, mellorando a súa calidade de vida e a dos seus fillos e fillas.

Finalmente, a titular de Igualdade tivo unhas especiais palabras para a exdeputada e mestra ferrolá, Nona Inés Vilariño, homenaxeada polo concello de Ferrol, con motivo do Día Internacional da Muller no ano 2013, e que formou parte dun dos momentos políticos máis importantes da historia de España xa que foi deputada na lexislatura constituínte de 1977, na que eran 21 mulleres deputadas e 6 mulleres senadoras, que loitaron porque a Constitución establecese a igualdade entre homes e mulleres ante os poderes públicos e que foron coñecidas como “Las Constituyentes”.

Tema: