Xunta e fiscalía reforzan a súa colaboración para combater a violencia de xénero en Galicia

Susana López Abella reúnese con Carlos Varela para coñecer as propostas de traballo da Fiscalía no marco do Observatorio Galego de Violencia de Xénero

  • Susana López Abella na reunión co Fiscal Superior de Galicia
  • Susana López Abella na reunión co Fiscal Superior de Galicia
  • Susana López Abella na reunión co Fiscal Superior de Galicia

A Coruña, 30 de maio de 2014. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo unha reunión esta mañá co Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, para estudar posibles vías de colaboración para combater a violencia de xénero. Concretamente, o fiscal presentoulle á secretaria xeral as propostas de traballo do seu departamento no marco do recentemente creado Observatorio Galego de Violencia de Xénero.

O Plan galego de prevención e combate da violencia de xénero da Fiscalía ten como obxectivo presentar unha resposta integrada no combate a violencia de xénero en Galicia, en consonancia coas orientacións europeas e internacionais. Con ese obxectivo presenta 39 medidas que se estruturan en torno a cinco áreas estratéxicas de intervención: previr, sensibilizar e educar; protexer as vítimas e promover a súa integración; intervención cos agresores; formar e cualificar profesionais; e investigación, análises e avaliación.

Entre as medidas propostas destácanse, por exemplo, a promoción da implicación dos municipios na prevención e combate a violencia de xénero; desenvolvemento de accións para a promoción dunha cultura de xénero baseada na igualdade; a distinción e divulgación de boas paticas empresariais no combate a violencia de xénero; a implementación de programas de intervención estruturada dirixidos a agresores ou a identificación e avaliación do risco causado polo agresor para súa eliminación ou minimización.