A Xunta organiza a andaina “Camiño ao respecto” para expresar o rexeitamento á violencia de xénero

A marcha encabezada polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, partiu do Monte do Gozo e finalizou na Praza do Obradoiro, onde a secretaria xeral da Igualdade leu un manifesto

Na súa intervención, López Abella apelou á unidade de todas as forzas políticas e administracións públicas e á implicación da sociedade no seu conxunto

  • A Xunta organiza a andaina “Camiño ao respecto” para expresar o rexeitamento á violencia de xénero

Santiago, 22 de novembro de 2015.- Con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, que se celebra mañá, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, encabezou hoxe unha andaina que partiu do Monte do Gozo e rematou na praza do Obradoiro, onde leu un manifesto de rexeitamento da violencia de xénero.

O obxecto desta andaina é promover a participación cidadá a prol do rexeitamento público e formal contra a violencia de xénero e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre homes e mulleres, valores que encarna o Camiño de Santiago.

Alfonso Rueda destacou o compromiso do Goberno galego para articular unha resposta global fronte á lacra da violencia de xénero, a través dunha asistencia integral ás mulleres vítimas, aos seus fillos e fillas e a outras persoas ao seu cargo, así como fortalecendo a prevención para avanzar na paulatina redución da violencia contra as mulleres ata a súa erradicación.

“Sabemos que para conseguir resultados contra a violencia de xénero é imprescindible xuntar os esforzos para facerlle fronte”, asegurou a secretaria xeral, e por iso apelou, un ano máis, á unidade de todas as forzas políticas e de todas a as administracións públicas e á implicación da sociedade no seu conxunto. “Esta é unha loita que só poderemos gañar, entre todos e todas, en igualdade, homes e mulleres, mulleres e homes”, finalizou.

Tema: