Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade

O Goberno da Xunta de Galicia coa aprobación deste PLAN GALEGO DE CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE 2018-2021 asume un firme compromiso coa sociedade galega en prol da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes, conscientes de que, sen dúbida, un dos grandes retos para os próximos anos é acadar a conciliación corresponsable.