Estás en: Inicio / SALA DE PRENSA / Linguaxe non sexista

A linguaxe non é unha creación persoal arbitraria; é, ante todo, un produto dunha determinada sociedade, duns modos de pensar, cunha gran influencia na percepción persoal da realidade que nos envolve.

Na nosa sociedade, desde sempre, o masculino tómase como referente da humanidade, e a lingua empregada para comunicármonos é unha clara mostra dese principio. Proba diso é que tradicionalmente empréganse palabras masculinas, tanto en singular como en plural -home, funcionarios, cidadáns-  para facer referencia a colectivos nos que están presentes tanto mulleres coma homes. Esta  formulación, como sabemos, contribúe a minimiza-la presenza das mulleres nos distintos ámbitos laborais e sociais. Calquera uso dun idioma que invisibiliza as mulleres debe ser evitado a favor, na medida do posible, de formas non sexistas de expresión.

A participación feminina en todos os ámbitos de relación abre novas vías de evolución para a lingua e ao tempo posibilita xerar conceptos e formas de expresión máis acordes coa realidade que, en definitiva, non farán senón indicar a presenza das mulleres e a consecución dunha situación social máis igualitaria.

Por iso, seguir empregando nas administracións públicas unha linguaxe sexista e discriminatoria para o colectivo feminino, supón non só un anacronismo senón, e sobre todo, a fixación de barreiras invisibles que afectan directamente ao proceso de participación das mulleres na sociedade actual e que agochan os avances que se están a dar na participación en igualdade de condicións de mulleres e homes en todas as esferas da vida.

As diferenzas debidas ao xénero son referentes sexistas actualmente en revisión, tarefa na que participan activamente as administracións públicas. As diferentes manifestacións de discriminación directa e indirecta están sendo postas en evidencia e progresivamente reducidas grazas á aplicación do principio de non discriminación a todos os ámbitos no que esta se manifesta.

Dende a área de igualdade da Xunta de Galicia aconsellamos formular propostas de cambio incorporando exemplificacións de usos non discriminatorios alternativos aos habitualmente estendidos na documentación administrativa.

No espazo de Documentación adxunta atoparás as recomendacións para o uso dunha linguaxe non discriminatoria na administración pública e nos medios de comunicación.

Asemade, están dispoñibles na Biblioteca desta web, os seguintes documentos de interese, en relación co tratamento informativo de determinadas cuestións:

Sexismo lingüístico

O sexismo lingüístico fai referencia a aquelas prácticas de discriminación a través dunha utilización do idioma non igualitaria para ámbolos sexos. É moi común emprega-lo masculino como falso xenérico englobando as mulleres e os homes; mais existen numerosos recursos a través dos cales podemos reflectir a equidade no trato a ambos os dous sexos.

Refírese ao conxunto de actitudes que supoñen unha limitación aos dereitos das mulleres na sociedade da que forman parte, negando a posibilidade das persoas de se relacionaren en igualdade de oportunidades.

Daquela, pode utilizarse o idioma de forma gramaticalmente correcta e enmascarar, non obstante, comportamentos discriminatorios, polo que debemos revisar tamén os valores que estamos transmitindo en calquera comunicación que realicemos. Algunhas suxestións neste senso serán:

Exemplos de uso dunha linguaxe non sexista en documentos oficiais

Como fomos vendo, existen multitude de alternativas que contribuirán a evitar formulacións sexistas na linguaxe administrativa. Calquera delas deberá adecuar o seu uso ao ámbito e ao tipo de documento de que se trate.

Na procura de mellorar a nosa expresión e adecuala á realidade social actual non debemos esquecer a opción de empregar multitude de recursos non repetitivos que brinda a propia lingua; de nós dependerá o uso que fagamos deles.

Algúns exemplos prácticos para substituír o falso xenérico masculino por outros termos da lingua con valor xenérico real

O uso non sexista da imaxe nos medios de comunicación

A imaxe tamén é contido. Cada vez máis as fotos teñen máis función informativa que decorativa, pero sexa cal sexa a súa función non deben axudar a manter estereotipos sexistas. Por exemplo, se baixo o título "Vivir en familia", que é neutro, hai imaxes que presenten modelos familiares distintos ao estereotipado pola sociedade, no que as mulleres se ocupan en solitario de todas as tarefas do fogar e do coidado ás persoas que viven nel, a imaxe non será só decorativa, senón que engadirá unha información importante para o discurso textual e apoiará a intención igualitaria da información.

Tema:
Feitos vitais: