Evento

Ex., 14-06-2024
Ex., 14-06-2024
01/11/2011 a 31/07/2013
Formación on line

Máster en igualdade e xénero no eido público e privado

02/10/2011

No proceso de construción da personalidade, a familia ten un papel fundamental, pois é o primeiro axente de socialización para calquera persoa dende o seu nacemento. A través dela, nun principio, e posteriormente a través doutros axentes socializadores, as nenas e os nenos adquiren coñecementos e aprenden a relacionarse co contorno, internalizando pautas de comportamento e construíndo á súa personalidade.

23/11/2010 a 01/11/2012
Formación on line

Máster en prevención e tratamento da violencia familiar. Un enfoque interdisciplinario

O lema desta nova edición na que volverán a darse cita participantes dos dous continentes é "Emprendemento e Sostibilidade" coa finalidade de demostrar que as épocas de crise poden servir para repensar os modos de emprender e ensaiar formas alternativas de organización e de desenvolvemento empresarial, que dean sostibilidade aos negocios, as empresas, as emprendedoras e colaboradoras/es.

A Delegación de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego do Concello de Cee, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza o  IV Concurso de carteis contra a violencia de xénero, dotado cun primeiro premio de 200 euros e un segundo premio de 100 euros,  dirixido a todas as persoas que o desexen, maiores de 14 anos.

O concello pontevedrés de Cangas acolle a partir do 17 de marzo e ata o 30 dese mesmo mes, esta mostra de quince fotografías e unha poesía que pretenden plasmar a realidade das mulleres do medio rural galego no século XXI. Esta exposición está organizada pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade.

O obxectivo para este I Congreso Internacional Virtual de Matronas, que transcorrerá dende o 1 ata o 15 de xuño de 2011, é ofrecer un foro aberto que contribúa a mellorar o desenvolvemento profesional das matronas. Será o primeiro evento científico que se realizará integramente a través de Internet sobre unha plataforma on-line creada por matronas e para matronas. Poderán participar a través deste espazo matronas de todo o mundo, ben como asistentes intercambiando opinións, escoitando e debatendo con persoas expertas; como comunicantes, presentando unha comunicación en formato póster, texto ou vídeo, ou como conferenciantes.

Coincidindo coas datas de peche do 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro, e na súa honra, o día 17 de decembro ás 20:30 horas terá lugar o acto de inauguración da mostra "Catro Miradas" que poderá ser visitada na Casa das Beiras de Muxía ata o 16 de xaneiro de 2011.

Coincidindo coa conmemoración do Día internacional contra a violencia de xénero, o Concello de Brión presentará o venres, 25 de novembro, o II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres 2012-2015.

O concello de Outes acolle, do 17 ao 30 de novembro, esta mostra de quince fotografías e unha poesía que pretenden plasmar a realidade das mulleres do medio rural galego no século XXI. Esta exposición está organizada pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade.