Listaxe de protagonistas

Emilia Pardo Bazán

Emilia é unha figura cunha grande obra literaria, na que traballou distintos formatos: novelas como Os pazos de Ulloa, libros de viaxes, artigos, revistas, obras teatrais, contos...
Tanto nos seus escritos coma na súa vida defende unha mesma educación para mulleres e homes, denunciando o sexismo da sociedade e loitando por unha igualdade de oportunidades e dereitos.

María Teresa Miras Portugal

María Teresa Miras Portugal foi unha reputada investigadora que centrou boa parte da súa carreira en coñecer o papel dos nucleótidos nas conexións neuronais, especificamente en enfermidades neurodexenerativas como o párkinson ou o alzheimer.

Amparo Alonso, Premio María Josefa Wonenburger Planells 2020

Amparo Alonso Betanzos (Vigo, 1961) é catedrática e coordinadora do grupo de investigación LIDIA (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial) no departamento de Ciencias da Computación da Universidade da Coruña.

Concepción Arenal

Pioneira por ser a primeira muller en asistir a unha Universidade en España, Concepción Arenal loitou por romper os canons establecidos para a muller, rebelándose contra a tradicional marxinación do sexo feminino e reivindicando a igualdade en todas as esferas sociais.

Mabel Loza

Mabel Loza, doutora en Farmacia e catedrática de Farmacoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, foi galardoada co Premio María Josefa Wonenburger Planells 2019.

Coordinadora do grupo de investigación BioFarma, Loza é autora de cento sesenta e un artigos publicados en recoñecidas revistas, asistiu ao redor de duascentas comunicacións e congresos sobre farmacoloxía, química medicinal e neurociencia e é directora de vinte e dúas teses de doutoramento.