A secretaria xeral da Igualdade entregou os diplomas do curso de 'Animadora de centros xerontolóxicos' do CIM de Muros

A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, entregou hoxe os diplomas do Curso "Animadora de Centros Xerontolóxicos" ás 21 mulleres que participaron nesta actividade de formación organizada pólo Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Muros, co apoio económico do departamento de igualdade da Xunta de Galicia.

  •  A secretaria xeral da Igualdade entregou os diplomas do curso de 'Animadora de centros xerontolóxicos' do CIM de Muros

Marta González destacou a importancia que o CIM ten para as mulleres, especialmente en áreas como a violencia de xénero e a formación, e celebrou que o Concello de Muros se sumase no 2010 á rede de Centros de Información das Mulleres de Galicia.

O curso de "Animadora de Centros Xerontolóxicos" tivo unha duración de 100 horas,  e nel participaron 21 mulleres, de entre 25 e 45 anos, en desemprego e con cargas familiares, que fixeron 40 horas de prácticas na Residencia Mirador de Compostela.

A secretaria xeral da Igualdade, lembrou que "nestes momentos de crise económica a falta de emprego é un problema para toda a poboación, pero especialmente para as mulleres", por iso, dixo, "a realización de cursos coma este pode ser unha oportunidade máis para encontrar un emprego”, xa que a xeriatría e a xerontoloxía son áreas nas que existe unha maior demanda de emprego; por iso felicitouse de que algunhas delas xa estén traballando en empregos relacionados coas materias do curso e desexoulles ás demáis a mellor das sortes para atopar un emprego".

Durante o curso as mulleres aprenderon a tratar con anciáns e con persoas dependentes, recursos de animación, xogos, traballos en grupo, e especialmente realizaron proxectos e actividades relacionados coa xerontoloxía.