A Xunta participa en Murcia na reunión da rede de politicas de igualdade nos fondos europeos

Susana López Abella participou no 8º pleno da Rede de Políticas de Igualdade entre mulleres e homes nos fondos estruturais e de cohesión 2007-2013

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou en Murcia na 8ª reunión plenaria da Rede de Políticas de Igualdade entre mulleres e homes nos Fondos Estruturais e o Fondo de cohesión 2007-2013
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou en Murcia na 8ª reunión plenaria da Rede de Políticas de Igualdade entre mulleres e homes nos Fondos Estruturais e o Fondo de cohesión 2007-2013

Murcia, 5 de abril de 2014. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou en Murcia na 8ª reunión plenaria da Rede de Políticas de Igualdade entre mulleres e homes nos Fondos Estruturais e o Fondo de cohesión 2007-2013, onde manifestou a importancia do traballo da Rede na programación dos vindeiros Fondos Estruturais e de Inversión Europeos 2014-2020.

Segundo a secretaria xeral, esta Rede ten como obxecto facer realidade os obxectivos en materia de igualdade de oportunidades na programación de fondos comunitarios no actual marco de programación. Está integrada polos órganos responsables das políticas de Igualdade de xénero e de administración e xestión dos Fondos Estruturais e do Fondo de Cohesión na Administración Xeral do Estado, as Comunidades Autónomas e a Comisión Europea.

Segundo López Abella, durante estes anos dende a súa constitución esta é a liña na que se traballa e, na que esperamos se continúe traballando, sempre dende o consenso, a participación e a colaboración entre todos os actores implicados.

A Rede constitúe un instrumento esencial para a difusión de experiencias e boas prácticas, articulación de accións piloto, formación e capacitación e, en xeral, unha mellor colaboración e cooperación entre responsables de xestión.

Dende esta perspectiva, está presidida pola Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, pola Unidade Administradora do FSE do Ministerio de Emprego e Seguridade Social e polo Instituto da Muller do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, correspondendo a secretaría permanente ao Instituto da Muller.

Tema: