A Xunta asina un convenio co Colexio oficial de Psicoloxía de Galicia para a atención psicolóxica das mulleres que sofren violencia de xénero

Tamén se dará atención psicolóxica a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar a través do programa“Abramos o Círculo”

No convenio inclúese a garantía de acceso ás persoas con discapacidade auditiva e/ou da fala e mantense a asistencia domiciliaria en caso de emerxencia
 

  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez asinaron hoxe un convenio para a atención psicolóxica a mulleres que sofren violencia de xénero
  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez asinaron hoxe un convenio para a atención psicolóxica a mulleres que sofren violencia de xénero
  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez asinaron hoxe un convenio para a atención psicolóxica a mulleres que sofren violencia de xénero

Santiago, 28 de abril de 2014. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez asinaron hoxe un convenio para a atención psicolóxica a mulleres que sofren violencia de xénero.

O convenio contempla a atención psicolóxica a mulleres que sufran violencia de xénero e para as e os menores e outras persoas dependentes que vivan ou padezan estas situacións de violencia de xénero ofertándolle a estas persoas recursos terapéuticos que lles faciliten a súa recuperación. No ano 2013 beneficiáronse deste programa 323 persoas (221 mulleres, 88 menores e 18 persoas dependentes) e participaron na intervención 73 profesionais da psicoloxía.

Inclúese ademais no convenio, a cobertura da asistencia domiciliaria en caso de morte por violencia de xénero con carácter de urxencia e en días non laborables, de ser preciso, así como a colaboración co (CRI) Centro Autonómico de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero, no apoio terapéutico e psicolóxico das súas usuarias.

No mesmo convenio englobase o Programa de atención psicolóxica a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar, programa denominado “Abramos o Círculo”, ca finalidade de ofertar recursos terapéuticos que abran vías de recuperación a homes que recoñezan ter problemas de control da violencia no ámbito familiar. Este programa iniciouse no ano 2001, a través dun convenio entre a Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. O ano pasado atendéronse neste programa un total de 79 homes, e participaron na intervención 39 profesionais da psicoloxía.

Ambos programas contan cun/cunha psicólogo/a coordinador/a e cunha rede de profesionais que levan a cabo a intervención profesional que comprenden asistencias e consultas as persoas beneficiarias, asistencia oral en xuízo por parte das psicólogas e psicólogos do programa; Inclúese ademais no convenio, a cobertura da asistencia domiciliaria en caso de morte por violencia de xénero con carácter de urxencia e en días non laborables, de ser preciso, así como a colaboración co Centro Autonómico de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero, no apoio terapéutico e psicolóxico das súas usuarias.

Inclúese ademais este ano nos programas, a garantía de acceso ás persoas con discapacidade auditiva e/ou da fala. Ambos programas comprenden ademais a realización de actividades formativas para os/as psicólogos/as.

Sinalar ademais que froito da colaboración ente a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, está xa en funcionamento o protocolo interno entre o grupo GIPCE para o Programa de Atención Psicolóxica ás Vítimas, que se activará no casos de violencia de xénero especialmente graves.

Segundo destacou a decana do Colexio de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez “para nós, os psicólogos e psicólogas do Colexio, é particularmente importante a sinatura que se vai producir aquí dos convenios polos cales nos permiten desenvolver os programas de atención á violencia de xénero. Son dous programas moi diferentes, que buscan a excelencia e que vemos día a día como son fundamentais para loitar contra este problema que segue tan vixente na nosa sociedade.”

Hai distintos recursos para as persoas afectadas pola violencia de xénero, pero estes programas que vos presentamos teñen a particularidade de que son uns recursos totalmente especializados que abordan a violencia de xénero de xeito integral, o que lles dá unha calidade na atención moi elevada. Non son só recursos paliativos, senón que buscan eliminar o problema definitivamente, subliñou Rosa Álvarez

A decana destacou que o programa “Abramos o Círculo é un programa que ofrece atención psicolóxica especializada e de apoio a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar, ao que recorren homes que insultan, abusan ou desprezan ás mulleres e que desexan mudar esta situación e eliminar a agresividade na súa relación coa parella e coa familia. A través deste programa, ofrécese información e tamén atención psicolóxica personalizada, con dous obxectivos. Por unha banda, previr a violencia de xénero, e pola outra, ofrecer atención e terapia a aqueles homes que queiran aprender a resolver conflitos sen violencia, e a comunicarse dun xeito máis adecuado coa súa familia, e en particular, coa súa parella.”